Esta mesma noite en Cortegada (Silleda), unha nova cita anual coa paella e o baile. Como cada venres de fin de xullo, a parroquia de Cortegada celebra as súas festas patronais que están encabezadas, sempre, pola degustación dunha paella xigante. As festas de Cortegada saben a paella e a baile, coa actuación, tamén sempre, dun grupo e unha grande orquestra como nesta ocasión a JERUSALÉN.

As non menos importantes CINEMA e NEW YORK serán as encargadas de amenizar a festa de mañá sábado, e como remate, O SON DA FERVENZA amenizará a sesión vermú do domingo.

Toda a información da festa en festadapaella.es

Silleda 2017 - Festas patronais e XVII Festa da Paella en Cortegada - cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*