Marbella 2010: A ORQUESTRA

0
29026

Orquesta Panorama 2009 0075 - Folgoso

Irene Iglesias, da orquestra Panorama, é unha das sete novas fichaxes de Marbella para 2010 / fotografía © roxegar

EXCLUSIVA: TODOS OS CAMBIOS DE MARBELLA LIGHTS SHOW PARA 2010

O amigo Víctor, cantante e responsable máximo da orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW, acaba de confirmar a Festa a Festa o plantel completo de músicos e vocalistas para a formación musical do vindeiro ano.

O día 4 de decembro arranca unha nova etapa da MARBELLA, esa orquestra que pouco a pouco foi subindo de nivel ata chegar a onde está; desde logo unha das máis importantes do panorama galego. Sen facer moito ruído esta orquestra foise posicionando nos primeiros postos por número de contratación nas festas de Galicia e agora está disposta a ser referencia clara entre os nomes das consideradas “máis grandes”.

A aposta é clara e contundente: músicos e cantantes de primeira liña para formar A ORQUESTRA de 2010.

Causan baixa na formación:

As dúas cantantes Eva e María (A primeira xa está confirmada para ABANICO 2010).

Carlos (guitarra)

Rober (teclados)

David (trompeta)

Jose (saxo)

As novas incorporacións, confirmadísimas xa de maneira oficial por Víctor para Festa a Festa:

Irene (cantante de PANORAMA)

Kristie (cantante de SUAVECITO ORQUESTA e ex OLYMPUS)

Yosvel Bernal (teclados e dirección musical, ex PARÍS DE NOIA e ex PHILADELPHIA)

Ponce (saxofonista de CUNTERS)

Angel Guerra (trompetista, ex PANORAMA 2007)

Ernam (guitarrista de MARIMBA)

Permanecen o baixista Jose, o percusionista Roger, o batería Arturo, o saxo Roberto, o trompetista Rolando Marrón ademais de, por suposto, Víctor.

Pero aínda hai unha sorpresa máis: a incorporación dun segundo cantante masculino, trátase de Xurxo, da orquestra CUNTERS.

Non hai máis que dicir que o elenco de profesionais é impresionante. MARBELLA dará un salto cualitativo importante. Esta orquestra, pola que Festa a Festa sempre apostou, será un claro referente da verbena en 2010. Desde aquí a nosa máis grande noraboa a Víctor por ser capaz de reunir os mellores profesionais para afianzar a MARBELLA no mundo verbeneiro.

A partir do día 4 de decembro incorpóranse as novas fichaxes salvo Irene Iglesias, que remata en PANORAMA o 31 de decembro, data de fin de xira como vén sendo habitual nesa orquestra. O día 1 xa se incorpora ao seu novo posto.

Nace a nova MARBELLA, unha boa noticia para o mundo das orquestras. Xa queda pouco…

Sen comentarios

  1. puffff e unha grande perda pa panorama espero ke irene non se ekivoke, POR FAVOR POÑEDE ALGO DAS FESTAS DO CRUCEIRO DA CORUÑA KE SON ESTE FIN DE SEMANA!!! POR FIII UN BIKIÑO!

    • Ola Nerea. Grazas polo teu comentario.
      Das festas do Cruceiro, en Santiago, sei que estarán a CHARLESTON BIG BAND e a OLYMPUS o venres 25, pero non sei máis. Se tes esa información non dubides en enviárnola. Moitas grazas!!!!

    • OLa Jose. É bastante fácil. Mira, eu vou desde Ribeira así que é o mesmo camiño practicamente: Colle a autoestrada ata Santiago e sae na saída de Lugo (como se foses de compras ao Decathlon ou ao Leroy Merlín). Na rotonda de Leroy Merlín colle á esquerda (Amio) e cruza todo ata a rotonda de arriba (onde está o Gadis e a gasolineira de Repsol), na entrada de Santiago pola estrada que vén da Coruña. Por aí é a festa.

    • Ola fan. Así son as cousas nisto das orquestras. Sempre hai cambios, todos os anos. Irene o ano que vén estará en MARBELLA. A min tamén me choca a saída de Irene de PANORAMA, as súas razóns terá, pero aí non penso meterme. Un saúdo!!!!!

  2. Ola Judit. Non sei como lles afectará o orquestrón MARBELLA ás consideradas “grandes”, supoño que haberá para tod@s. Pero hai que recoñecer que a Marbella o ano que vén vai rachar coa pana.
    De todas formas a ver como queda a Panorama a vindeira temporada, sábense as cantantes pero faltan 3 músicos. Aínda pode haber sorpresas tamén na Pano 2010, pero creo que vai ser o ano da Marbella!!!!
    Un saúdo e grazas por estar sempre aí.

  3. Saludos a todos os lectores desta web, quero añadir a lista de compoñentes, por suposto o noso gran trompetista, todo un numero 1, que xa vai cumplir po 2010 a cuarta tempada en Marbella, ROLANDO MARRÓN!
    Saudos Roxegar!

  4. Grazas pola información Víctor. Sen dúbida a noticia que creou máis expectación en Festa a Festa nestes cinco meses de andadura. E non é para menos en vista da orquestra de primeira que será Marbella en 2010.
    Paso a engadir o nome do músico que faltaba. Lapsus imperdoable, jejeje. Unha aperta!!!

  5. EEEEEEE!!! ke pasa son aki de santiagiño e non vexo nada anunciando das festas do cruceiroo!! a ver se nas proximas oras poñemos algo anunciandooas,xa volas pidiu nerea agora pidovolas eu!!! ke mañan xa comezan!!! non haY TMPO!!
    un saudiño!

    • Ola Jorge, en media hora sae a entrada das festas do Cruceiro. Hoxe non tiven tempo de nada pero xa me poño “mans á obra”, unhas festas coma esas teñen que estar aquí publicadas. Moitas grazas e vémonos mañá no Cruceiro!!!

Deixa unha resposta


*