Ciclón cerra temporada esta noite en Ponteceso

0
402

Grupo Ciclón - 2010 - 052 - RibeiraEsta noite terá lugar a última actuación do grupo Ciclón en 2010, no concello de Ponteceso / © Foto: roxegar 2010

Un dos grupos que máis xente arrastra polas verbenas galegas nas últimas temporadas apaga esta noite as luces do escenario ata o ano que vén. O grupo CICLÓN de Santiago de Compostela dá por rematada hoxe a súa temporada 2010.

A última actuación de Noelia García, Iván Gámez e Uxío Mayo na dianteira do grupo será dentro dunhas horas nas festas da Pilarica en Tella (Ponteceso) e estarán acompañados por outra formación musical que está acadando máxima expectación esta temporada: ACHÉ. Pero a maioría dos músicos de CICLÓN continúan con outros proxectos durante o inverno entre os que destacan o dúo de Noelia e Kiko ou o proxecto en solitario como roqueiro de Uxío Mayo con novo disco.

As festas en Tella, no corazon mesmo do concello de Ponteceso, comezaron xa onte coa actuación do grupo OCÉANO e da orquestra COSTA OESTE (que estará esta noite actuando nas festas de Moimenta, en Boiro), e rematarán mañá mércores coa formación musical ESTRELLA. As orquestras comezan xa a cerrar temporada, hoxe mesmo en Lugo despídese tamén a GRAN CANARIA e LOS PLAYER’S están xa cerrando as últimas actuacións. Na próxima fin de semana cerran PARÍS DE NOIA e MARBELLA e a finais de mes moitas outras, entre elas OLYMPUS.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*