Luns de infarto verbeneiro

0
417

los-satelites-2009-cartelA orquestra coruñesa Los Satélites actúa hoxe en Ponteceso xunto co grupo Aramio

Hoxe é luns, primeiro día da semana, pero no que se refire ás verbenas, semella que fose sábado, a xulgar polas grandes citas para esta noite no campo da festa.

En Muxía e Ponteceso incluso é festivo local. Os muxiáns prepáranse para a súa festa: SALSA ROSA e PARÍS DE NOIA cerran as festas da Barca. En Ponteceso, actuación estelar do grupo ARAMIO e da orquestra LOS SATÉLITES. Aquí as festas da Barquiña aínda rematan mañá.

En Laíño, Dodro, festa coas orquestras PONTEVEDRA (que cerrará mañá martes as festas do Barco de Valdeorras) e CAPITOL (que cerrará mañá as festas da Barquiña en Ponteceso xunto coa orquestra PRINCIPAL). Aquí tamén se preparan para a fin de festa de mañá martes, da man de tres orquestras moi coñecidas.

No Barco de Valdeorras seguen coas súas festas do Cristo, da man da orquestra OLYMPUS.

A PANORAMA actúa nas festas de Bribes (Cambre) no último día de celebracións. A orquestra de Caldas de Reis é xa unha habitual das festas en Bribes e é a encargada estes últimos anos de cerrar as festas ou abrilas.

No concello de Mos tamén hai dúas citas importantes: dunha banda en Pereiras a actuación das orquestras PHILADELPHIA e COSTA OESTE, e doutra banda en Cabaleiros GRAN PARADA e CHARLESTON BIG BAND.

En Mondoñedo tamén están de festas. Son os Remedios que comezaron o sábado e rematan hoxe luns. Para a fin de festa cóntase coa actuación da orquestra NUEVA GENERACIÓN e do grupo JOCKER.

E por suposto, non podemos esquecer a Guadalupe de Rianxo, hoxe coas formacións MANILA e ABANICO. Esta última actúa na casa.

Alguén dá máis?

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*