Éxito total das festas da Saleta en Cea

0
357

cea-festas-da-saleta-2009-foto-1A orquestra Ipanema foi unha das que actuou nas festas da Saleta, en Cea

A Comisión de Festas de Cea envíanos varias fotografías da celebración máis importante da localidade: A Saleta, que vén de celebrarse hai uns días. Segundo a comisión, o éxito das festas foi rotundo, como vén sendo habitual, co engadido de que as orquestras deste ano non pertencían á axencia que habitualmente traballa nestas festas. En palabras da comisión de festas: “Todas as orquestras estiveron á altura, sobre todo  ARMONÍA SHOW e POCEIRO tiveron un éxito tremendo. Gustaron tamén moito TANGO e o grupo AMÉRICA, sorprendendo este último cun primeiro pase moi bailable”.

Segundo o membro da comisión que nos envía a información, pode que a orquestra que menos gustase fose IPANEMA, xa que esta formación musical move un escenario xigante que creou moitas expectativas entre os veciños e ademais o son non era o mellor. De todas formas houbo moita xente á que si lle gustou o espectáculo desta orquestra leonesa.

Os membros da Comisión de Festas de Cea xa están a traballar para preparar as do ano que vén. Podemos adiantar que xa hai dúas orquestras contratadas, das denominadas “grandes”. Pronto poderemos desvelar os nomes.

Desde Festa a Festa agradecemos á Comisión toda a información enviada.

cea-festas-da-saleta-2009-foto-2

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*