As orquestras PANORAMA e FANIA BLANCO SHOW son as encargadas de abrir este ano unha nova edición das festas patronais de Ordes, unha referencia clara na zona en canto a celebracións deste tipo se refire.
Todos os días de festas serán amenizados por dúas orquestras e para rematar, o luns terá lugar un festival de música onde actuarán grupos como LA DÉCADA PRODIGIOSA ou LAVORDA acompañados polos artistas MANOLO ESCOBAR e MANU TENORIO. Pero esta gala non impedirá que o último día de festas non se escoite música de verbena e por iso ese día unha grande orquestra como é SUAVECITO pechará as celebracións ata o vindeiro ano.
SUAVECITO tamén son noticia porque acaban de presentar o seu novo CD Mentalízate.










