Laíño cerra as festas por todo o alto

0
321

orquesta-foliada-2009-cartel

A orquestra Foliada amenizará a última verbena en Laíño xunto á París de Noia e á Charleston Big Band

MARTES 15 FIN DE FESTA EN LAÍÑO CON TRES ORQUESTRAS

En tempos de crise moitos lugares de Galicia tiveron que recortar programas de festas. Celebracións que tradicionalmente levaban dúas grandes orquestras este ano confórmanse con orquestra e grupo; outras festas directamente desapareceron e outras baixan considerablemente o nivel en canto a formacións orquestrais. Por este motivo destacan especialmente aquelas festas nas que a verbena é amenizada na mesma noite por tres orquestras, feito pouco usual ata o de agora e todo un acontecemento en 2009.

A localidade de Lestedo ofreceu o sábado unha verbena con tres grandes orquestras (PARÍS DE NOIA, PANORAMA e OLYMPUS), pero non é a única. A parroquia de Laíño, en Dodro, cerra dentro dunhas horas as súas festas coa participación de tres grandes formacións: PARÍS DE NOIA, FOLIADA e CHARLESTON BIG BAND. Sen dúbida tres grandes orquestras para un final de festa inmellorable.

charleston-big-band-cartel-2009paris-de-noia-2009-cartel1

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*