A cita festeira máis importante de Brión: Santa Minia

0
346

Orquesta Palladium - 2010 - 049 - Vilalonga

A orquestra Palladium xunto co grupo La Oca actuarán no día grande de Santa Minia, en Brión / © Fotografía: roxegar 2010

Desde hai unhas horas celébrase en Brión a súa cita relixiosa e festeira máis importante. Son as festas de Santa Minia cuxo día propio é o luns.

Este ano hai novidades en Brión, cambio de axencia de contratación. En 2010 as orquestras que actuarán na Romaría de Santa Minia pertencen a Espectáculos Lito, e así serán a ALARMA (sábado) e a VERSALLES con GRAN PARADA (o domingo) as encargadas de amenizar as dúas primeiras xornadas de festa.

Para o luns, día grande, está programada a actuación de FESTICULTORES GROUPE ás 19.30 na carballeira. Tamén haberá verbena, será a última, a cargo de dúas potentes formacións musicais: LA OCA e PALLADIUM desde Sanxenxo ambas as dúas.

A Romaría de Santa Minia é o principal evento relixioso en Brión e unha das máis importantes citas festivas da zona.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*