Nada máis e nada menos que seis días de festa en Tállara, unha pequena parroquia de Lousame. Seis son as comisións (por lugares) que organizan as festas e o resultado non pode ser mellor. Orquestras de varias axencias de espectáculos conforman un cartel do máis variado que podemos atopar con 12 formacións musicais de todos os estilos, desde OS SATÉLITES ata EL COMBO DOMINICANO pasando pola CHARLESTON BIG BAND ou a PONTEVEDRA, asiduas ao campo da festa de Tállara.
Ademais diso, charangas, gaiteiros, pasacalles, etc… toda a semana soará a festa en Tállara, moi preto do núcleo do concello de Lousame, como o mellor xeito de ir cerrando a temporada festeira no Barbanza (a falta dun par de festas de menor duración en Rianxo e Boiro proximamente).