As festas máis importantes da comarca de Bergantiños xa están aquí; o San Xoán encherá de cachelas, música e diversión Carballo ata o vindeiro domingo.

Carballo 2016 - San Xoán - cartel

Coa praza do Concello ateigada de xente comezaba onte, oficialmente, o San Xoán en Carballo, coa lectura do pregón. As atraccións de feira xa funcionan no San Martiño e o programa festivo bota a andar ata o próximo domingo. As orquestras que actuarán este ano en Carballo son a ferrolá TRÉBOL (hoxe), TROVADORES (mañá), ISRAEL ESPECTÁCULO (sábado) e LA FÓRMULA (domingo). As tres primeiras de recoñecido prestixio nos campos de festa de Galicia e a última, constituída en 2015, unha das grandes revelacións orquestra-espectáculo, cun repertorio para todos os públicos e unha grande montaxe de luz e son propia das consideradas “grandes” e ben coñecidas orquestras de Galicia. Como moi ben sinala a comisión de festas na revista das festas e na súa páxina de Facebook, LA FÓRMULA é a aposta deste ano para cerrar o programa o vindeiro domingo por todo o alto, unha formación que leva grandes músicos e cantantes e con fichaxes estrela como Jorge Ferre da orquestra PANORAMA entre outras.

E no apartado de concertos, en Carballo este ano soará a música de ABBA, o sábado, da man do grupo tributo ABBORN e mañá venres, día do patrón, a atracción destacada deste ano no programa festivo: CARLOS BAUTE. O cantante trae, ademais, sorpresa, pois anunciou onte nunha entrevista en LaSexta a estrea mundial en directo do seu novo tema no escenario de Carballo.

Todos os ingredientes para que o San Xoán de Carballo siga a ser o principal reclamo festivo da comarca bergantiñá. Boa festa!

_____________

Toda a información das festas de San Xoán en Carballo no Facebook: San Xoán Carballo

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*