Mesoiro: rock, folk e festa rachada

0
371

a-coruna-barrio-de-novo-mesoiro-festival-2009-cartelOutra vez o barrio de Novo Mesoiro (A Coruña) é noticia en Festa a Festa. Desta volta pola celebración dun interesantísimo festival de rock e folk que traerá música da boa e a festa de novo a esta zona da cidade.

Se no mes de xuño demos conta das festas de Novo Mesoiro, hoxe informamos sobre a celebración dun novo festival que dará moito que falar e esperemos que se consolide como unha cita inescusable na cidade herculina.

Na súa primeira edición, o festival completarase coa música de DJ, a arte dun grupo de graffity e o domingo maxia na rúa. Unha proposta ben completa como podemos observar.

Neste novo Festival vanse xuntar varias propostas musicais: por un lado o Hip-Hop, que é un estilo musical en auxe entre a xente máis nova, por outro lado está o folk, onde ademais un dos grupos participantes (Alan-Bique) nos deleitará cunha Queimada en Directo. Teremos Rock do bo con auténticos artistas consagrados do panorama musical galego como Tonhito de Poi, Miguel Costas ou Jacobo Paz, e sesións de DJ da man de auténticos xenios das agullas.

Desde a Asociación de Veciños Novo Mesoiro invítannos a participar dunha festa que se espera que responda ás espectativas que está xerando e se consagre dentro dos Festivais da nosa xeografía galega.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*