As Peras 2009 de Pontedeume

0
150

pontedeume-peras-2009-cartelAs festas máis importantes de Pontedeume xa están aquí. Hoxe comezan As Peras 2009 e ata o venres da semana que vén.

Tradicionalmente as Festas das Peras duran cinco días, dende o 7 ata o 11 de setembro, pero este ano ao coincidir pegado coa fin de semana, o programa esténdese dous días máis. Así comezan hoxe as verbenas coa tradicional Baixada do eume e a actuación dunha discoteca móbil. O espectáculo da Spacemusic, música gravada, luz, e baile de gogós abrirá os bailes na alameda de Pontedeume.

A partir de mañá pasarán pola localidade os grupo LIMÓN (domingo) e as orquestras MAGOS DE ESPAÑA (luns), MARBELLA LIGHTS SHOW (martes), ARMONÍA SHOW (mércores, é xa unha das súas últimas actuacións antes de regresar a Canarias), OLYMPUS (xoves) e LA BÁMBOLA (venres, último día de celebracións).

Hai que destacar unha nova edición da tradicional cucaña no porto de Pontedeume (martes) e os fogos artificiais (xoves). Tamén haberá un grande espectáculo musical na praza do Conde (xoves) e o tradicional Concurso de froitas (mércores). Coma sempre, o último día terá lugar a Xira Camprestre ao río Eume.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*