A nova xira 2010 da orquestra Olympus

0
297

orquesta-olympus-2010-cartel

Cartel promocional da orquestra Olympus 2010

A orquestra OLYMPUS de Negreira está oficialmente de vacacións, pero en realidade entre o descanso vacacional tamén hai horas de traballo para preparar o que será a nova xira 2010: novo repertorio, novo espectáculo, nova páxina web, tema propio titulado igual que a nova xira, Al final del camino, do que incluso gravarán un vídeoclip, novo merchandising e ata unha liña de roupa… a nova temporada promete ser espectacular.

Al final del camino arranca o próximo 4 de decembro na sala de festas Chanteclair de Valga (Pontevedra) coas novas incorporacións: Rodo Téllez (voz procedente da orquestra TANGO), Andrés Moreira (teclista procedente de CUNTER’S), Karel (baixista que vén da orquestra GALILEA), Pablo Somoza (guitarra e voz que procede da orquestra CUNTER’S), Roberto Consuegra (trompeta e percusión ex orquestra TV NORDÉS) e Luis Felipe Fernández (saxo procedente tamén de TV NORDÉS).

A páxina da orquestra xa se atopa operativa, e aos apartados que xa había (calendario, compoñentes, multimedia, blog dos compoñentes…) hai que sumar un libro de visitas e proximamente a TENDA ONLINE de OLYMPUS. O chat da orquestra tamén estará operativo en breve.

A máquina de OLYMPUS está preparada para levarte de xira 2010 ata o final do camiño.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*