Profunda renovación no grupo Limón para 2010

0
371

grupo-limon-2010-fichaxes

O grupo LIMÓN reaparecerá en 2010 para enfrontarse a unha nova temporada na que, ademais, celebrará o seu X aniversario. Pero a volta traerá moitos cambios, o máis importante: a renovación case total dos integrantes da formación musical.

LIMÓN volverá ás verbenas e festas a partir de xaneiro. Ata este momento estase a realizar a contratación das novas fichaxes. Desde a dirección do grupo confirman os primeiros cambios nos músicos e voces pero aínda faltan máis:

GRUPO LIMÓN 2010

De momento podemos confirmar as seguintes fichaxes:

ANXO: Vocalista animador, bo comunicador e moi versátil. Estes últimos anos estivo en NUEVA GENERACIÓN e NOVA PALMA de Corcubión.

CRISTINA: Dada a súa xuventude achegará unha forza especial e unha gran simpatía, con entusiasmo acolle esta nova aventura. Procede dunha grande orquestra como é ABANICO tras participar no programa da TVG Son de estrelas.

PABLO: Gran pianista que afronta esta nova etapa con ganas xa que se trata dun novo reto persoal. Músico versátil, xa que á parte dos seus teclados e a voz, apoiará cunha segunda guitarra e conquistará o público co seu acordeón.

ESTEBAN: Sen dúbida estamos ante o caso dunha persoa con moito talento, a súa curta idade (18 anos) non lle impedirá ter forza cando sente ante a súa batería.

A Cristina poderémola ver durante o mes de decembro na orquestra MARBELLA cubrindo a praza de Irene, que remata o 31 de decembro a súa vinculación con PANORAMA. En xaneiro Cristina Souto pasará a formar parte do seu novo grupo.

·

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*