A París de Noia recupera a imaxe corporativa

0
323

orquesta-paris-de-noia-2010-cartelNovo cartel da orquestra París de Noia. Podes clicar na imaxe para velo a maior tamaño

Xa está na rúa o novo cartel da orquestra PARÍS DE NOIA. Despois do anterior, que estivo vixente na pasada temporada e que creou certa polémica, a nova imaxe da PARÍS recupera o logotipo característico e os músicos e cantantes pasan ao primeiro plano.

Imaxe corporativa, compoñentes e unha vista do escenario, nada máis. Un cartel moi directo, sen as florituras da pasada campaña, pero que non por iso deixa de ser atractivo, vistoso e ben feito.

En primeira liña e nunha posición destacada, os cantantes, Genma Lareo, Christian Maya, Jessica Santín, a nova fichaxe feminina de PARÍS para 2010, e J. A. Blas Piñón. Detrás, o resto da banda noiesa. Agora agardaremos polo novo espectáculo, escenario, coreografías e máis cambios no repertorio, que é o realmente importante.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*