Á parte de todas as verbenas programadas ao longo e ancho de Galicia, hai tamén outras citas festeiras en formato festival ou gala a ter moi en conta para estes días. Dunha banda o FESTIVAL BRINCADEIRA de Ordes que durante dous días achegará unha proposta un pouco diferente á típica festa popular e que terá como colofón a SUPERFESTA HORTERA con BONEY M como anfitrións. Por outra parte, e coincidindo coa cita de Ordes, a gala CERCEDA VÍSTESE DE GALA trae ás instalacións do Aquapark da localidade figuras de primeira liña como ÁLEX UBAGO ou LA CAJA DE PANDORA e o espectáculo da orquestra leonesa IPANEMA. Para rematar, lembramos que esta fin de semana ten lugar en Pontedeume o CARNAVAL DE VERÁN.
Con todas estas propostas e as festas programadas non hai escusa para non pasalo ben.
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O FESTIVAL BRINCADEIRA
![]() ![]() Venres:La Pulquería![]() ![]() ![]() ![]() SábadoKastomä
|