No concello de Mazaricos poden presumir de ter unha das citas máis concorridas de toda a comarca por non dicir da provincia. O sábado, día grande, a verbena estará amenizada por tres orquestras, feito pouco usual e, ademais, dúas delas son de primeira liña: PANORAMA e OLYMPUS, que nesta ocasión estarán acompañadas pola orquestra VENEZIA.
Milleiros de persoas gozan cada ano desta cita que se localiza nunha paraxe inigualable que se completa con múltiples actividades e gastronomía (polo á grella, carne á grella, etc…). A quen nunca foi ata a Fervenza de Mazaricos recomendámoslle que acuda a esta cita festeira sobre todo a noite do sábado.