Festas de San Francisco na Coruña

0
307

a-coruna-san-francisco-xabier-2009-cartelCartel das festas San Francisco Xabier 2009, na Coruña

A parroquia coruñesa de San Francisco está de festas. Durante tres días as verbenas e unha actuación musical de Pili Pampín formarán o groso do programa.

San Francisco Xabier, parroquia situada entre os barrios do Ventorrillo e Agra do Orzán, celebra un ano máis o seu patrón. Para a festa acondicionarase a rúa Mosteiro de Xubia (rúa situada entre Rodrigo A. de Santiago -Ventorrillo- e a Ronda de Outeiro -Agra do Orzán-) cunha carpa para protexerse das inclemencias do tempo que coma case sempre, veñen tamén á festa.

As orquestras SINTONÍA DE VIGO (hoxe venres), SAMBA (mañá sábado coa actuación de PILI PAMPÍN) e VERSALLES (para cerrar as festas o domingo) son este ano as encargadas de amenizar as verbenas no barrio coruñés.

orquesta-versalles-2009-cartelA orquestra Versalles cerra o domingo as festas de San Francisco Xabier, entre o Ventorrillo e a Agra do Orzán, na Coruña

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*