Un día en familia

0
338

dia-en-familia-2010-cartel

Hoxe luns 17 de maio, Día das Letras, é a xornada escollida pola Deputación de Pontevedra para ofrecer unha tarde de festa. Por segundo ano consecutivo, o Día en Familia trae a música dunha das consideradas mellores orquestras do momento: PANORAMA.

A cita comezará xa ás 17.00 horas con música de grupos folclóricos e actividades para os nenos. Ás 19.00 horas será o momento no que a PANORAMA subirá ao seu escenario para ofrecer o seu repertorio 2010 con todas as novidades presentadas ata o momento, aínda que falten máis temas novos que se irán presentando en breve.

A cita é no Grove, no centro vacacional A Lanzada. Unha oportunidade de ver e gozar do novo espectáculo da orquestra caldense.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*