Festa por partida dobre en Bama (Touro)

0
305

touro-bama-2010-cartelEn Bama, no concello de Touro, xa está todo preparado para a festa do próximo venres. A gran festa na que as protagonistas serán dúas orquestras de altura, OLYMPUS e PANORAMA, nun dos seus primeiros encontros de 2010.

Así A Xira do Xacobeo e O Final do Camiño coinciden nunha noite que promete dar toda a festa posible aínda no caso de que a meteoroloxía sexa adversa. Unha gran carpa cubrirá o campo da festa. Un lugar amplo tanto para o baile como para o aparcamento.

E sen dúbida as dúas formacións musicais seguirán a incorporar novidades no repertorio. Tanto unha coma a outra teñen aínda gardados moitos cambios, tanto nas cancións coma no espectáculo, e en Bama podería haber sorpresas.

Agradecemos á comisión de festas ternos enviado o cartel. Para mandarnos carteis das vosas festas tedes o correo de Festa a Festa á vosa disposición. festaafesta.blog@gmail.com

MENSAXE ENVIADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DE BAMA

O próximo VENRES 26 tedes unha festa impresionante, á cal non podedes faltar.

Fronte a fronte, as dúas orquestras que moven máis xente, e sobre todo xuventude, hoxe en día: OLYMPUS e PANORAMA.

-A festa está previsto que empece ás 23:00 horas.

-Haberá un amplo aparcadoiro a 2 €.

-Dispomos dun campo totalmente chan e duro de 3000 metros cadrados.

-O campo estará cuberto por dúas grandes carpas de 25 x 14 metros cada unha.

-Haberá posto de polbo, desde primeiras horas (pulpeira do Carballiño).

-Fogos artificiais.

-Meteoroloxía: segundo a previsión de Meteogalicia, o venres haberá choivas débiles pola mañá, dispersándose e aclarando o ceo cara á tarde, a previsión é que quede unha noite estrelada, sen precipitacións e cunha temperatura de entre 10 e 12 graos. ( O lugar da festa, por regla xeral é un sitio onde non dá moito o frío).

-Para chegar a Bama, basta con coller a N-547, que vai de Santiago a Lugo, e apartar á altura do Pedrouzo (Arca, O Pino). De todos modos xa estará indicado o desvío para coller cara a Bama, e despois en 2 km rectos xa está a festa.

Non perdades esta festa, porque vai ser espectacular, onde seguro as dúas orquestras nos ofrecerán algo novo do seu espectáculo, tendo en conta que é a primeira festa de Semana Santa, e que non pararán ata pasar estas datas. Non a perdades porque vai ser unha festa para recordar e onde haberá moitas sorpresas…

ESTADES TODOS INVITADOS AO ESPECTÁCULO DE BAMA…

Sen comentarios

  1. O proximo VIERNES 26 tedes unha festa impresionante, a cal, non podedes faltar.
    Fentre a frente, as duas orquestas que moven mais xente, e sobretodo xuventude, oxe en dia. OLYMPUS E PANORAMA.

    -A festa esta previsto que empeze as 23:00
    -Habera un amplo aparcadero a 2€
    -Dispomos dun campo totalmente llano e duro de 3000 metros cuadrados
    -O campo estara cuberto por duas grandes carpas de 25×14 metros cada unha.
    -Habera posto de pulpo, desde primeiras horas(pulpeira do carballiño)
    -Fogos artificiales
    -Metereologia: segun a prevision de Meteogalicia, e que o venres habera choivas debiles pola maña, dispersandose e aclarando se o ceo cara a tarde, a previsión e que quede unha noite estrelada, sen precipitacions e cunha temperatura de entre 10 e 12 grados.( O lugar da festa, por regla xeral e un sitio onde non da moito o frio)
    -Para chegar a Bama, basta con coller a N-547, que vai de Santiago a Lugo, e apartar a altura do Pedrouzo(Arca, O Pino). De todos modos xa estara endicado o desvio para coller cara Bama, e despois en 2 km retos xa esta a festa.

    Non vos perdades esta festa, porque vai ser espectacular, donde seguro as duas orquestas nos ofreceran algo novo do seu espectaculo, tendo en conta que é a primeira festa de semana santa, e que non prararan asta pasar estas datas. No na perdades porque vai ser unha festa para recordar e donde habera moitas sorpresas…..

    ESTADES TODOS INVITADOS O ESPECTACULO DE BAMA….

Deixa unha resposta


*