Aguazul, de trío a orquestra

0
473

Aguazul 2011 - orquesta - cartelO trío Aguazul pasa a orquestra en 2011

Xa ten mérito que en tempos de crise sigan saíndo proxectos novos no mundo das orquestras. Esta vez temos que informar do nacemento dunha nova orquestra en Ferrolterra. As formacións musicais da zona, entre as que destacan XENTE NOVA, LOS PLAYER’S, PANAMÁ ou a naronesa MONTES, teñen outra competidora para amenizar as festas populares ferrolás e de toda Galicia.

A orquestra AGUAZUL nace esta temporada para ofrecer o mellor da música de baile. Aínda que é un proxecto novo, a orquestra é realmente unha ampliación do popular trío AGUAZUL que amenizou moitas festas a pasada temporada 2010. Agora, os responsables do trío lánzanse á aventura de poñer en marcha unha agrupación de máis envergadura e desde a oficina de Alfa3 Producciones ofrecerán como os seus servizos como unha orquestra máis.

Os seus compoñentes para 2011 son os seguintes:

Na dianteira, tres voces: Cheni, Arantxa e Alberto.

No cadro de músicos: Eduardo (baixo), Javier (batería), Elio (trombón procedente de MONTES), Fran (guitarra procedente de MONTES), Moisés (teclados procedente de ÉBOLA), e procedentes de NOVA PALMA Óscar (trompeta) e Pepe (Saxo).

Sen comentarios

  1. berto y compañia os deseo que en el año que empezais tengais mucho trabajo de corazon no solo por buenos musicos y vocalistas sino por ser buena gente mucha mierda y mucho animo un abrazo jorge DUO LATINO.

Deixa unha resposta


*