Máis citas festeiras para a fin de semana

0
587

catoira-dimo-2009-cartelEsta fin de semana son as festas de Dimo (Catoira), onde actuarán grandes orquestras do nivel de OLYMPUS ou PARÍS DE NOIA. Moi recomendable o duelo dominical entre dúas grandes: GRAN PARADA de Rianxo e CHARLESTON BIG BAND de Padrón.

FESTA DA TORRE PATRIMONIO DA HUMANIDADE (A CORUÑA)

O Concello da Coruña ten preparada unha festa para mañá sábado día 4 de xullo co gallo do nomeamento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

Para a ocasión contarase coa actuación da orquestra LEDICIA de Ourense e dos grupos punteiros CATPEOPLE e KRAKOVIA. Ademais, ás doce menos cuarto haberá unha impresionante sesión de fogos artificiais a cargo da prestixiosa pirotecnia Rocha de Soñeiro (Sada).

Hoxe nunha visita á zona puidemos comprobar que practicamente a circunferencia que rodea a Torre estaba chea de material pirotécnico colocado xa para a sesión de mañá, e pódovos asegurar que non ha de ser por falta de pólvora. Son máis de cen quilos de explosivos e 350 de masa pirotécnica, en total más de 1600 fogos artificiais.

TABEAIO (CARRAL) FESTAS DE SANTA ISABEL

A parroquia carralesa de Tabeaio está xa de festas. Pasarán polo campo da festa coñecidas agrupacións como COSTA OESTE, GALILEA, CHASTON ou LA BÁMBOLA. Para o último día da festa (luns) resérvase a xa famosa churrascada acompañada da actuación dunha grande orquestra, nesta ocasión OLYMPUS.

PROGRAMA TABEAIO 2009

3 COSTA OESTE

4 CHASTON E GALILEA

5 LA BÁMBOLA

6 GRAN CHURRASCADA E FIN DE FESTA CON OLYMPUS

OZA DOS RÍOS

O concello de Oza dos Ríos está de festas patronais. Catro días de festa que comezan cun gran festival rockeiro FESTIVAL OZA ROCK e seguen con tres días de verbenas.

PROGRAMA OZA DOS RÍOS 2009

3 FESTIVAL OZA ROCK

4 LOS PLAYERS e LOS SATÉLITES

5 PARÍS DE OZA e PARÍS DE OZA JUNIOR

6 Gran churrascada e fin de festa con ARMONÍA SHOW

GUNTÍN (LUGO)

4 TROVA e RÍA DE VIGO

5 ESPAÑOLES e COMPOSTELA

6 SUPERFAMA

castroverde-seres-2009-cartelCartel das festas de Serés 2009, no concello lucense de Castroverde

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*