A cousa vai de cereixas

0
428

nueva-generacion-2009-cartelCartel da orquestra Nueva Generación 2009. Actúa hoxe na Festa das Cereixas de Paiosaco (A Laracha)

4 E 5 DE XULLO, FESTA DAS CEREIXAS EN PAIOSACO (A LARACHA) E VILACOBA (ABEGONDO)

A primeira fin de semana de xullo é a escollida en dous lugares de Galicia para celebrar a feira e festa das cereixas. Falamos de Paiosaco e Vilacoba, nos concellos da Laracha e Abegondo respectivamente.

A feira das cereixas terá lugar o domingo pero xa hoxe sábado haberá festa. En Paiosaco encargarase dela a orquestra NUEVA GENERACIÓN, e TRIUNFO será a encargada do cerre de festa o domingo.

En Vilacoba actuará hoxe a orquestra BOHEMIA e PILI PAMPÍN. A orquestra MADEIRA será a encargada do peche, mañá.

vilacoba-2009-festa-das-cereixas-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*