En Mazaricos celébrase esta fin de semana unha das citas máis concorridas do Concello, a Festa da Fervenza -que este ano chega á súa edición número 25-, nun entorno envexable, con música de grandes orquestras e moitas actividades adicionais.

Mazaricos 2016 - Festa da Fervenza en San Cosme - cartel

A festa gastronómica do domingo tamén é salientable e congrega moita xente nesta xornada, aínda que o reclamo principal é a música do venres e do sábado que este ano levan o espectáculo de LA FÓRMULA e LA NUEVA PHILA acompañadas de música de discoteca.

Para quen nunca foi é unha boa oportunidade de coñecer unha festa de primeiro nivel e para os de sempre, a sorte de poder repetir un ano máis. Boa festa!

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*