Barbanza: Boiro inaugura as súas Festas do Verán e Ribeira prepara a Dorna

0
498

ribeira-dorna-2009-imaxe-sudadeira

Debuxo da sudadeira da Dorna 2009. Deseño de Andrés Pérez Regueira

Esta fin de semana dan comezo as Festas do Verán en Boiro, coa actuación de once orquestras e un recinto feiral dos máis completos de Galicia. Este ano non hai grandes concertos programados pero o programa segue a ser moi variado, con múltiples actividades de todo tipo que farán de Boiro unha cita máis atractiva que de costume, se cabe.

Pero isto non é máis que o pistoletazo de saída nunha zona, o Barbanza, onde se concentran moitas das mellores festas populares de Galicia.

Ás Festas do Verán de Boiro seguiranlles en breve as famosas festas do Carme de Aguiño (Ribeira) ou as de Cabo de Cruz (Boiro), e deseguido a celebración da DORNA en Ribeira, unha festa popular que pouco ten que ver coas que unha semana despois se levarán a cabo de novo na capital do Barbanza: as Festas do Verán de Ribeira.

E xa entrado o mes de agosto celebraranse festas en moitas parroquias barbanzanas como Corrubedo ou Palmeira, así como o Carme dos Pincheiros na Pobra do Caramiñal, entre outras moitas. Xa en setembro, a cita obrigada será Rianxo para celebrar a Guadalupe e case ao mesmo tempo unha nova celebración na Pobra: o Nazareno.

A maioría destas festas son de recoñecido prestixio en toda Galicia e moitas delas son de Interese Turístico Galego. Por que hai que recoñecer que as terras do Barbanza son ricas en moitos aspectos, entre eles o festeiro.

FESTA DA DORNA 2009 EN RIBEIRA

Este sábado 4 de Xullo de 2009 terá lugar a derradeira asemblea de peñas dorneiras de cara á organización da LXI Singladura da Festa da Dorna, todas as peñas que queiran colaborar, organizar algún xogo ou algún grupo local interesado en participar no concerto do dia 22 teñen que asistir a esta asemblea para poñelo en coñecemento da R. e I. Cofradia da Dorna.

FESTAS DO VERÁN EN BOIRO

DO 3 AO 8 DE XULLO. PROGRAMA COMPLETO

Venres 3

20.00 h. Salvas anunciando o comezo das festas 2009
20.00 h: Pasarrúas coa charanga Os trompos das Nicras
22.30 h. Verbena na praza de Galicia, a cargo da orquestra SUPERFAMA

Sábado 4

10:00 h. Salvas
10.30 h. Pasarrúas dos grupos de música tradicional Arume e Faíscas.
12:00 h. Apertura da MOSTRA DAS CULTURAS no parque da Cachada
12: 00 h. Presentación do LIBRO: “Centro Social de Boiro, 10 anos”
12:30 h. Presentación do VÍDEO: “Memoria dos Oficios” realizado polos Dinamizadores da Sociedade da Información.
13.00 h. Recuperación da tradicional MALLA DO CENTEO a cargo do colectivo veciñal Abrañeira, ca actuación das cantareiras Lumieira no Parque da Cachada.
14.00 h. EXPOSICIÓN de foto antiga ao ar libre coordinada pola asociación Olláparo.
14.00 h. Degustación do MEXILLÓN e animación musical a cargo de Dançantes de Caminha (Portugal) e Gaiteiros da Volta do Monte
15.00 h. XANTAR POPULAR e celebración do Día do Maior coordinada pola Cafetería do Centro Social de Boiro
16.00 h. Xogos Tradicionais en colaboración co Dpto. Municipal de Deportes
17.00 h. Animación musical a cargo do Grupo Rosán
19.00 h. SERÁN tradicional
Encontro cultural galego-portugués ca actuación do Grupo de Pandereteiras Lumieira de Boiro, grupo tradicional Xoaniñas de Boiro, da Charanga tradicional Vai de Roda de Rianxo e o grupo invitado Dançares da Madeira do Porto.
21:00 h. QUEIMADA popular
22.00 h. actuación de música tradicional a cargo do grupo RUOTE.
22.30 H. Verbena na praza de Galicia, a cargo das orquestras PASSARELA e NOCHE DE GALA
23.00 h. CONCERTO XOVEN na Mostra das Culturas (Parque da Cachada)

Domingo 5

10:00 h. Salvas
10.30 h. Pasarrúas dos grupos grupos de música tradicional Arume e Faíscas.
11:30 h. Misa na honra da Virxe do Carme
12: 00 h. Bailes tradicionais na Praza de Galicia Grupo Aroña de Escarabote, grupo Xilbarbeira de Boiro e o grupo invitado Pauliteiros de Miranda de Portugal.
13.00 h. Gran desfile das Raíñas das festas acompañados por todos os grupos e delegacións participantes na Mostra das Culturas.
14.00 h. Lectura do pregón a cargo do Clube de Remo Cabo da Cruz
18.00 h. BAILES TRADICIONAIS na Mostra das Culturas
19:00 h. OBRADOIROS E EXHIBICIÓN DE OFICIOS
Redeiras, Naseiras, Encorde de Mexillón, Canteiría, Tear, Forno Tradicional,
Moenda, elaboración de instrumentos tradicionais, etc.
Coa colaboración dos colectivos O Faiado2, Olláparo, Barbantia, Leñaverde, Sonaxe coop., Centro Arqueolóxico de Neixón, Dpto. Municipal de Turismo, Mancomunidade Arousa-Norte, Amicos, Comercio Xusto, AG de Carpinteiros de Ribeira, Aturuxo, AC Borobó, A Mesa pola Normalización Lingüística e demais participantes na MdasC.09
21.00 h. Danza e música tradicional a cargo do grupo PESDELÁN
22.00 h. Clausura da Mostra das Culturas 09
22.30 h. Verbena na praza de Galicia, a cargo das orquestras SUAVECITO e ACHÉ

Luns 6

10:00 h. Salvas
10.30 h. Pasarrúas dos grupos grupos de música tradicional Arume e Faíscas
12.00 h. Misa adicada ao Apóstolo Santiago
12: 00 h. SESIÓN VERMÚ na Rúa peonil coa Banda Municipal de Música de Boiro
13.00 h día das PEÑAS na rúa peonil promovido pola peña Bocacho-Don Paquito
22.30 h. Verbena na praza de Galicia, a cargo das orquestras RITMO JOVEN e ESPAÑOLES

Martes 7

10:00 h. Salvas
10.30 h. Pasarrúas dos grupos grupos de música tradicional Arume e Faíscas
12.00 h. Misa adicada a San Antonio
13: 00 h. Sesión Vermú na Rúa peonil con Arume e Amigos, 20 anos de música tradicional en Boiro
22.30 h. Verbena na praza de Galicia, a cargo das orquestras TROVADORES e TRÉBOL

Mércores 8

10:00 h. Salvas
10.30 h. Pasarrúas dos grupos de música tradicional Arume e Faíscas
12.00 h. Misa adicada a San Antonio
13: 00 h. Sesión Vermú na Rúa peonil Débora Silva e Carlos García, repertorio de música lixeira
22.30 h. Verbena na praza de Galicia, a cargo das orquestras
LOS SATÉLITES e CAPITOL

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*