Gastronomía de gourmet en Arcade

0
330

Festa da Ostra en Arcade - 2010 - 24ª edición - Declarada festa de interese turístico - Arcade - Soutomaior - Pontevedra - abril - cartel.jpg

No concello pontevedrés de Soutomaior están de festa. O produto máis emblemático da zona é o protagonista da celebración gastronómica desta fin de semana, a XXIV Festa da Ostra de Arcade, que este ano terá lugar os días 3 e 4 de abril, adiantando as datas para que coincidan coa Semana Santa. Unha cita gastronómica á que se espera acudan máis de 30.000 persoas e na que se estima que se servirán máis de cen mil unidades de ostras.

O escenario da convocatoria, como xa é habitual, será o Peirao de Arcade, onde se instalará unha carpa que acollerá tres stands: un de ostra natural, outro de empanada de ostra e un terceiro con ostra cociñada. Tamén haberá un espazo reservado para a venda de albariño. Os prezos seguen sendo iguais aos da edición pasada.

A festa en Arcade comezará hoxe sábado e remata mañá. Esta noite actuarán as orquestras BRUJAS e SAUDADE 73. Haberá fogos artificiais e tamén está previsto o funcionamento dalgunhas atraccións de feira.

Os visitantes que se acheguen ata a festa gastronómica tamén poden aproveitar para coñecer outros valores turísticos do municipio como o Castelo Medieval de Soutomaior, facer rutas de sendeirismo ou actividades deportivas nos ríos Verdugo e Oitavén, coñecer o mirador da Peneda ou as áreas recreativas. Unha boa escusa para coñecer un pouco máis este concello pontevedrés e degustar o seu produto típico: a ostra.

Festa da Ostra en Arcade - 2010 - 24ª edición - Soutomaior - abril - programa.jpg

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*