O millo corvo, Festa de Interese Turístico en Bueu

0
352

bueu-meiro-2010-festa-do-millo-corvo-cartel

A vindeira fin de semana ten lugar unha celebración das grandes, unha festa de Interese Turístico Galego: o millo corvo.

En Meiro, no concello de Bueu, hai preparada unha programación moi completa que ten como principal protagonista o millo corvo. Esta celebración gastronómica, que chega en 2010 á súa décimo segunda edición, ten lugar no mes de marzo pero non é só unha festa puntual senón que podemos gozar e participar en toda unha serie de actividades durante todo o ano nesta aldea do Morrazo.

Con data do 08 de abril de 2009, o Encontro Degustación do Millo Corvo foi declarado Festa de Galiza de Interese Turístico pola Consellería de Innovación e Industria, por ser unha festa “cunha singularidade manifesta, polas actividades desenvolvidas. A Festa do Millo Corvo non só se resume na degustación celebrada no mes de marzo, senon nunha actividade anual (…) levada a cabo na aldea de Meiro e polos seus veciños”.

Centrándonos na celebración anual. A cita en Meiro inclúe toda unha variedade de actos dos que pasamos a dar conta e nos que salientan os obradoiros, as proxeccións de cine, actuacións musicais variadas, roteiro de sendeirismo, charla coloquio, etc… Unha proposta orixinal e diferente a ter en conta para a vindeira fin de semana.

• VENRES 26 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro – Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional: Os Cochenos, pandereteiras, etc.
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada.

• SÁBADO 27 DE MARZO

19:00 – ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
19:30 – Obradoiro: Fabricación artesanal de biodiésel. Impartido por Oscar Monteagudo Escariz.
20:00 – Festival “A PAN DE MILLO”
Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional:
o Grupo de Baile Retrouso
o Grupo de pandereteiras Retrouso
o Grupo de Baile Trompos os Pés
Actuación da Charanga Lembranzas da Ría.

• DOMINGO 28 DE MARZO

XII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 11:00 – Roteiro de senderismo aos muíños. Guiado por Manuel Aldao (Premio Deputación de investigación por “Os muíños de auga na Península do Morrazo”).
o 11:00 – Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 – Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30 – Lectura do pregón: Marica Campo (escritora)
o 12:45 – Actuación do grupo de pandereteiras Bouba

o 16:30 – Obradoiro infantil de bailes-xogos tradicionais a cargo de Luis Prego.
o 17:00 – Charla – coloquio: “Revitalizando o noso: o galego e o millo corvo”. Moderador: Henrique Harguindey. Ponentes:
• Ana Ameal Guerra (Licenciada en Filoloxía Inglesa e investigadora en Sociolingüística e Bilingüismo)
• Luis Carlos Cachafeiro Chamosa (Licenciado en Ciencias, sección de Matemáticas, e doutor en Informática)
• Manuel Bragado Rodríguez (Licenciado en Ciencias da Educación e director xeral de Edicións Xerais de Galicia)
o 20:00 – Actuación de Iván Costa.
o 21:00 – Actuación do grupo Tanto Nos Ten (TNT).

DURANTE TODO O DÍA:

 ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
 Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
 Talleres e obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
• Obradoiro de reciclaxe de periódicos e revistas usados.
• Obradoiro de reciclaxe con bolsas de plástico.
• Obradoiro de abanos de carballo.
• Zoqueiro.
 Actuación do cuarteto tradicional Os Cochenos.
 Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
 Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
 Proxección memorando de actividades.
 Exposición etnográfica.

Para saber máis sobre este produto e a súa festa podes consultar o sitio web da Asociación Cultural de Meiro.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*