A morte dos mitos

0
601

michael-jackson

As mortes nas últimas horas de Farrah Fawcett e Michael Jackson tumban dous mitos da miña infancia e supoño que a de moitos de vós. “El ángel rubio” morreu onte de cancro. A miña preferida de “Los ángeles de Charlie”, Jill, que facía que non perdese nin un capítulo da serie, pero da serie xenuína, a de Jill Munroe, Kelly Garrett e Sabrina Duncan, isto é Farrah Fawcett, Jaclyn Smith e Kate Jackon, non a das que viñeron despois a substituír a Jill (a súa irmá Chris) ou Tiffany no lugar de Kelly.

farrah-fawcett1

Coa serie “Los ángeles de Charlie” pasaba un pouco como coas orquestras hai uns anos. Eras de Jill ou eras de Kelly? Loura ou morena? Eras da Panorama ou eras da París?

E outro que nos deixa é o Señor Michael Jackson. Porque gustos musicais e vida persoal á parte, no mundo da música Michael era un Señor, o rei, que este verán ía facer o seu derradeiro tour para se despedir da música para sempre; pero o destino quixo adiantar esa despedida.

Capítulos de “Los ángeles de Charlie” e música de Michael Jackson… como pasa o tempo. Estoume acordando do final do primeiro pase da orquestra CINEMA en 2007 (aínda con Calú Méndez -hoxe na VERSALLES– e Genma Lareo -hoxe na PARÍS DE NOIA– como cantantes) coa posta en escena de temas de Michael Jackson. Quizais coa morte do “rei do pop” moitas orquestras e grupos musicais decidan incorporar nos seus repertorios música do gran Michael.

E a nós quédanos aproveitar ben o tempo e gozar das festas e verbenas e de todo o que nos guste, porque a vida pode acabar prematuramente aínda que vivas nunha burbulla… carpe diem.

ADEUS A MICHAEL JACKSON (La Opinión A Coruña)

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*