Festa e cultura no barrio compostelán de San Pedro

0
389

santiago-de-compostela-barrio-de-san-pedro-2010-cartel1

Comezaron xa as festas do barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela. Vendo o cartel, verdadeira obra de arte, como cada ano, decatámonos de que aínda que hai actos e actividades propios das festas populares (verbenas, churrascada, romaría…) priman nestas celebracións outros actos máis lúdico-culturais que converten estas festas en referencia para toda Galicia como poden ser os obradoiros, o teatro, a danza tradicional, exposicións, poesía e mesmo astronomía.

A noite do venres destaca pola celebración da Noite do Lastro, coa participación de tres bandas musicais, encabezadas pola senlleira THE HOMENS.

No apartado de verbenas cabe salientar a actuación da orquestra LAMAS o sábado 26, que repite un ano máis. As festas rematan o domingo no parque de Belvís con obradoiros, actuacións, xogos populares, polbo e churrasco.

orquesta-lamas-cartel-2009Cartel presentación da orquestra Lamas

PROGRAMA COMPLETO

XOVES 24
18.30h. Actuación dos/as alumnas da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Arcos Parque de Bonaval.
20.00h. ODAIKO. Obradoiro de Percusión e Pasarrúas. Praciña de San Predro.
21.00h. ODAIKO. Actuación. Praciña de San Predro.
22.30h. FOLIADA. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).

– Pandereteiras Bouba
– Habelas Hainas
– Quempallou

VENRES 25
18.30h. Contacontos. Parque de A Trisca. (Actividade do CSC de A Trisca).
19.00h. Cabezudos e Pasarrúas: Banda de Música de Lousame.
20.30h. Teatro Carauta. Arcos Parque de Bonaval.
22.00h. NOITE DO LASTRO. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).

– Moita Leria
– The Homens
– A Tuna Rastafari

SÁBADO 26
10.30h. FEIRA. Rúa de San Pedro.

Animación e Música
12.30h. Descuberta polo Barrio. Saída do Cruceiro de San Pedro. (Actividade do CSC de A Trisca).
13.00h. Contos en Bicicleta. Anxo Moure.
13.00h. Paulina Ceremużyńska. Cantigas tradicionais polacas e galegas. Igrexa de San Antoniño (Salesianos).
15.00h. Charanga Os Veraneantes.
17.00h. Cia. Pajarito “Moucha Meiga”.
18.00h. Visita Guiada pola Rúa de San Pedro a cargo de Tentativa Teatro. Saída da Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
18.30h. O Coro da Rá.
19.00h. Cabaret Novo Circo.
19.00h. Paulina Ceremużyńska. Cantigas tradicionasis polacas e galegas. Igrexa de San Antoniño (Salesianos).
20.00h. Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira.
21.00h. Concerto de Residuos Atractivas.
21.00h. Astronomía na Beirarrúa.

VERBENA no Cruceiro de San Pedro.
13.30h. Sesión vermouth: Orquesta LAMAS.
22.30h. Verbena: Orquesta LAMAS (1º pase).
23.45h. Galeoke. Estrea do karaoke galaico.
00.15h. Verbena: Orquesta LAMAS (2º pase).

DOMINGO 27
11.00h. Pasarrúas: Gaiteir@s e Cabezud@s.
12.30h. Rebelión da Décima Musa III – Recital poético e musical. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).

– Músicas: Ugia Pedreira e o grupo Habelas Hainas.
– Poemas: Chus Pato, Andrea Nuñez, Marilar Aleixandre e María Rosendo.

13.00h. Grupo de Baile A Xuntanza, Escola de Gaitas A Xuntanza e Escola de Pandereteiras de Brincadeira. Cruceiro de San Pedro -» Praza 8 de Marzo -» Parque de Belvís.
14.00h. ROMERÍA. Parque de Belvís.

– Os Estalotes
– Polbo e Churrasco
– Xogos Tradicionais

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*