Dúas festas coruñesas separadas por menos de dous quilómetros

0
353

A Coruña - Festas de Bens - 2009 - cartel

Imaxe do cartel das festas de Bens, sacada na estrada de Bens a San Pedro de Visma / roxegar

SAN PEDRO DE VISMA CON LOS SATÉLITES E A COMPOSTELA

BENS CO GRUPO CICLÓN E A MARBELLA

Esta fin de semana hai festa na Coruña por partida dobre. Ademais, quen queira pode visitar as dúas festas porque están separadas unha da outra por escasos 2 quilómetros. Estamos a falar das celebracións de dous barrios periféricos coruñeses como son San Pedro de Visma e Bens.

En San Pedro de Visma, a festa vén da man de dúas grandes orquestras como son LOS SATÉLITES (sábado) e a COMPOSTELA (domingo). En canto a Bens, a festa está tamén garantida por parte do grupo CICLÓN (venres) e da orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW (sábado). O programa complétase o domingo coa actuación doutra orquestra aínda por determinar.

Haberá festas infantís con hinchables nos dous barrios e terá lugar a xa tradicional FESTA DO PULPO en Visma o domingo. Os fogos artificias poñerán o broche final como é habitual desde o alto do barrio, onde se pode contemplar a baía coruñesa, vistas só superadas polas dos parques de Bens e San Pedro.

A Coruña - Festas de San Pedro de Visma - 2009 - cartel

Imaxe do cartel das festas de San Pedro de Visma / roxegar

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*