En Galicia as festas do San Xoán compiten en importancia con outras tan estendidas como o Carme, o Apóstolo ou Nosa Señora, e por iso os programas festivos multiplícanse esta semana polas catro provincias galegas.
Desta volta imos informar sobre o San Xoán de Poio, que bota a andar dentro dunhas horas cun programa festivo no que priman as verbenas de grupos e orquestras como CHASTON e MANILA (martes), CHARLESTON BIG BAND e TAMBO (mércores), PANORAMA e XENTE NOVA (xoves) e SINTONÍA DE VIGO e COSTA OESTE (venres para cerrar as festas de 2009).
Tamén destacan a sardiñada do martes e os fogos de artificio para poñerlle fin á celebración do San Xoán 2009. A actric Dorotea Bárcena será a encargada de abrir as festas coa lectura do pregón.
Podes consultar o programa completo das festas de Poio.