Dúas grandes, de novo xuntas

0
523

ordes-parada-2010-festas-cartel

En Parada (Ordes) téñennos acostumados a grandes convocatorias festeiras. As consideradas mellores orquestras pola maioría do respectable pasan cada ano por Parada, se non é nas Festas da Xuventude é nas patronais, que hoxe comezan.

Na pasada edición da Xuventude, na primeira xornada festiva, presentaban novo escenario e novo espectáculo as orquestras ACHÉ e OLYMPUS. En Festa a Festa demos conta da festa cunha gran galería de festeiros e vídeos da de Negreira. Desta volta tócalles a outras dúas orquestras das máis mediáticas: PARÍS DE NOIA e PANORAMA.

As dúas formacións musicais xa se viron onte abrindo as festas no Grove, hoxe repiten encontro en terras de Ordes.

O grupo SAMBA será o encargado da festa de mañá sábado, repertorio moi bailable e completo e voces destacables, sobre todo a de Estela Rodríguez, única presenza feminina no grupo. En breve publicaremos en Festa a Festa vídeos de SAMBA tirados na xira 2010 co seu novo escenario. Para empezar hoxe en Parada: PARÍS DE NOIA e PANORAMA, non se podería empezar mellor.

Sen comentarios

  1. Festaza sen duda ali estaremos sera unha continuacion da noite do Grove, as duas mellores xuntas. Achegaraste Roxegar? un saludiño

Deixa unha resposta


*