América SL presenta nova temporada

0
401

grupo-america-sl-2011-logoO grupo AMÉRICA SL presenta a súa nova formación para a temporada 2011 que está a piques de comezar. Un grupo que non deixa indiferente ao público alá onde toca, afronta a nova temporada con algún que outro cambio de compoñentes. Quizais o máis destacado sexa a marcha de Álex Costas, despois de 11 anos no grupo, e a chegada de David Carrasco.

Pero á parte dalgún cambio de compoñentes, hai moitas máis novidades en AMÉRICA SL para 2011. A xira que comeza nun par de semanas traerá unha nova montaxe e presentación do grupo, cambios no repertorio e unha páxina web para seguir as actuacións dunha formación que goza do beneplácito do público de todas as idades grazas ao seu repertorio completo e variado e a algunhas pezas que non se acostuma escoitar nunha banda de verbena.

A composición de músicos en AMÉRICA SL 2011 queda como segue:

Jako Singer (Voz e Gaita Midi)
David Carrasco (Voz)
Gloria Barreiro (Voz)
Bruno Canario (Batería e set de percusión eléctrica)
Paulo (Teclados)
Manuel Abalo (Guitarras, Teclados e Bandurria)
Juan Iglesias (Baixo)

Un contador vai descontando segundo a segundo o tempo que queda para a nova temporada en AMÉRICA SL, que promete vir forte. Xa queda menos, e menos… pronto AMÉRICA SL 2011.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*