Grave accidente que afecta de cheo á orquestra FOLIADA

Cinco músicos integrantes da orquestra coruñesa FOLIADA víronse implicados a pasada noite nun grave accidente de tráfico con cinco feridos e un morto. O sinistro produciuse ás tres da mañá no cruce da ronda de Outeiro coa avenida de Arteixo, na Coruña. A furgoneta na que viaxaban cinco integrantes da banda coruñesa chocou contra un coche causando cinco feridos (un deles, o técnico de son de 65 anos, en estado crítico) e un falecido (outro integrante de FOLIADA -o guitarrista-que viaxaba na parte traseira do vehículo).

Parece ser que aínda que na furgoneta viaxaban os integrantes da formación musical, este non era o vehículo da orquestra. O condutor do outro coche deu positivo no test de alcoholemia.

O noso pésame e máximo apoio á dirección da orquestra, integrantes e familiares.

A noticia en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2016/05/05/muerto-cinco-heridos-tras-chocar-furgoneta-coche-coruna/00031462424663579567588.htm#viewmedia

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*