A cantante das dúas últimas temporadas pasadas da París de Noia, Ruth Núñez, ficha pola orquestra Lamas /© fotografía: roxegar 2009
No medio da temporada anual de orquestras é moi raro que se produzan fichaxes ou cambios entre as agrupacións musicais. Cos cadros de persoal cerrados e as contratacións asinadas, os repertorios adaptados e todo listo para que a campaña sexa todo un éxito, é moi difícil que se dean cambios nas orquestras a estas alturas de xullo entrando agosto.
Pois sempre hai excepcións e desta volta a protagonista é Ruth Núñez, cantante en 2008 e 2009 da PARÍS DE NOIA, de baixa por maternidade, que xa é a flamante nova incorporación da orquestra LAMAS.
Ruth causou baixa na orquestra noiesa e deu paso á incorporación de Jessica Santín, procedente de CINEMA (e anteriormente de VERSALLES). Non parecía que volvésemos ver a Ruth ata 2011 subida aos escenarios, da PARÍS ou doutra, pero a realidade é que a orquestra LAMAS acaba de confirmar na súa páxina web a nova fichaxe. Moito vai dar que falar a nova incorporación (para ben, por suposto) e vai ser un valor engadido importante para a agrupación musical.
Ruth interpretando un tema de exhibición vocal o día 15 de agosto, coa París de Noia nas festas patronais de Cambre / © fotografía: roxegar 2009
É un luxo volver a ver a esta artistaza subida os escenarios……este ano en Lamas pero eu tiña entendido que no 2011 volvia para a paris non? habera que esperar e ver o que pasa
Por fin podemos vela e escoitala de novo!!
Alegrome de a sua volta,eu son un dos moitos seguidores de Paris que lamentan a s ua marcha,pero agora habera que agarrarse o tren de Orquesta Lamas,porque ela o vale afortunados esta agrupacion o ter a Ruth
resulta agora, que a orquesta lamas vai ser a nova paris de noia, ali estan manuel brey , carlos bello, e ruth,grandes, co tempo sera unhas das grandes.
Grande xa é agora. Calidade musical alta e animan moito a festa. Saúos e gracias por entrar a opinar.