Cambio de voz no grupo Chaston

0
184

grupo-chaston-2010-foto-laura-corralLaura Corral é a nova vocalista do grupo Chaston 2010

O grupo musical CHASTON acaba de comezar a temporada na que levará a cabo novidades importantes tanto no repertorio como na súa posta en escena. As primeiras novas de CHASTON con respecto desta temporada 2010 foron as importantes fichaxes de David Bouzón (procedente de LOS PRÍNCIPES) e Sara García (que provén da orquestra TRÉBOL de Ferrol); pero esta última non se levará a cabo.

A nova cantante de CHASTON para 2010 será Laura Corral, procedente da orquestra CUNTER’S e natural de Ponferrada, no lugar de Sara.

Ante diversos comentarios vertidos en foros e libros de visitas doutras páxinas sobre orquestras, desde o grupo confírmannos que esta baixa non se debe a ningún tipo de desacordo coa dirección nin a problemas persoais senón ao estado de embarazo da cantante, cuxos últimos meses coincidirían en plena temporada 2010, polo que Sara decidiu tomar un tempo apartada das orquestras.

Coa fichaxe de Laura a esencia do grupo para a nova temporada permanece e así, en palabras de David Bouzón: “está fundamentado en hacer bailar, reír y disfrutar a todo el público que nos encontremos en las fiestas”.

Ademais disto, haberá máis novidades en breve, entre elas unha flamante páxina web de información sobre o grupo. CHASTON comeza xa a darlle forma á nova temporada 2010. Moita sorte e ánimo!!!

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*