Ponteareas celebra o Corpus por todo o alto

0
237

ponteareas-corpus-2009-cartelCartel das Festas do Corpus Christi de Ponteareas, declaradas este ano de Interese Turístico Nacional

Ponteareas xa está preparada para acoller outra edición das súas festas do Corpus Christi. Pero 2009 será unha celebración moi especial xa que estas acaban de ser declaradas Festa de Interese Turístico Nacional.

Para a ocasión hai preparada toda unha serie de actividades entre as que priman as relixiosas (misas, procesións e a confección das famosísimas alfombras florais) e as musicais. Pero tamén haberá competicións deportivas e un desfile de carrozas (domingo).

Na parte musical destacan varios acontecementos, algúns deles bastante singulares. Hoxe venres haberá un festival rock coa participación dos grupos ALUMETES, DOLLY DAGGER, MUSSEL e RELATOS DE NÁUFRAGO. Mañá sábado terá lugar outro festival, neste caso de versións, no que varios grupos versionarán temas de Enemigos, ACDC e U2.

O domingo será un día grande en Ponteareas; ás alfombras florais, desfile de carrozas e verbena hai que lles sumar a II GALA MUSICAL CORPUS CHRISTI de Ponteareas, na que actuarán DAVID CIVERA, LA DÉCADA, LAVORDA e CRISTINA LLORENTE. Xa o pasado ano tivo lugar unha gala similar coa participación, entre outros de Raúl e Soraya.

ii-gala-do-corpus-ponteareas-2009E no apartado das verbenas, o domingo actuará a grande orquestra CAPITOL e o luns a non menos grande OLYMPUS, que levará a Ponteareas o seu espectáculo “El poder de la magia”, a nova xira 2009, para lle poñer o broche final a unhas celebracións que prometen e que xa son “de interese nacional”.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*