Accidente de tráfico da orquestra Passarela

0
417

Passarela 2009 - cartelCartel da orquestra Passarela 2009

O maior inimigo das orquestras é a estrada, e esta xogoulles unha mala pasada o sábado aos integrantes da orquestra PASSARELA. Un mozo estradense perdeu o control do seu vehículo nunha curva e foise estrelar contra o microbús de PASSARELA, que se dirixía cargado con todos os integrantes da orquestra para actuar nas festas de Riobó.

Catro integrantes tiveron que ser levados ao hospital en ambulancia con feridas leves e foron dados de alta pouco despois, de feito a orquestra non suspendeu a súa actuación. Peor parado resultou o mozo condutor do coche, que sufriu múltiples traumatismos.

Para os integrantes da orquestra PASSARELA todo quedou nun susto e facendo uso da súa profesionalidade continuaron co seu traballo coma se nada pasase.

Todos os anos escoitamos ou lemos noticias sobre accidentes nos que se ven implicados integrantes de orquestras e grupos musicais, algunhas veces sen consecuencias graves para as persoas pero outras veces con feridos ou mortos. Esperemos que este accidente “cubra cupo” para a temporada 2009 e moito ánimo aos integrantes da orquestra PASSARELA.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*