Sada: un festival novo e unhas festas de sempre

0
448

festival-andurina-sada-2009Podes clicar na imaxe para ver a información a maior tamaño

FESTIVAL ANDURIÑA, SÁBADO 30 DE MAIO, SADA

A próxima fin de semana no concello de Sada hai festa por partida dobre. Dunha banda a inauguración dun novo festival que nace con fins de axuda, e doutra unha nova edición das festas de Espíritu Santo, unhas festas de parroquia, de veciños, das de sempre.

O I Festival Anduriña terá lugar o sábado 30 de maio na praza Irmáns Suárez Picallo de Sada, a partir das 16:00 horas e con entrada libre. Para quen non saiba, Irmáns Suárez Picallo é a fermosa praza de pedra ao carón do paseo marítimo á altura do Hotel Sada Marina, onde teñen lugar tamén as festas patronais de agosto e outras celebracións e actividades da vila.

O evento constará da actuación de diversos grupos (consultar cartel) que ofrecerán máis de 10 horas seguidas de música. Tamén terán cabida monólogos, graffiti, break-dance, hip-hop e unha concentración de motos coa Asociación Motera Gallega.

Esta iniciativa xorde como apoio á asociación de vítimas de tráfico Stop Accidentes a raíz dunha conversa mantenida entre a asociación de veciños de Oleiros Anduriña e o baxista Álvaro Muras.

Colaboran: Concello de Sada, Deputación da Coruña e Asociación Xpressionk.

Organizan: Asociación Anduriña de Oleiros e Álvaro Muras.

FESTAS DE ESPÍRITU SANTO, SADA. DO VENRES 29 AO DOMINGO 31

O programa das festas de Espíritu Santo comeza o venres cunha gran churrascada e a actuación da orquestra ESTELARES. O sábado actuará a orquestra BRUJAS de Rianxo e a fin de festa será o domingo coa orquestra ACORDES. A localización do campo da festa é moi preto da Nacional VI ao lado das naves de Talleres MANDÍN, na estrada que vai da Nacional cara ao Castro e Sada.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*