De Padrón a Vigo e Noia

0
380

Dragón - Pascua de PadrónEn Padrón o espazo dedicado ás atraccións está milimetricamente estudado. Para mostra a imaxe onde o Dragón se monta entre as árbores e farois do campo do Souto grazas á súa estrutura oca no centro /© Fotografía roxegar

Rematou a Pascua de Padrón. Coa celebración da Pascua pequena ou Pascuílla as festas máis importantes deste concello despídense ata o ano que vén. O bo tempo da segunda semana permite ofrecer uns datos positivos para as atraccións e a hostalaría. En canto á participación nas verbenas, hai que falar de éxito rotundo sen importar sequera o tempo meteorolóxico da primeira fin de semana das festas.

E as atraccións agora recollen os bártulos para emprender unha nova viaxe de cara a novas feiras en Galicia. As próximas: Vigo e Noia para a semana próxima.

A maioría dos carruseis e aparellos da feira de Padrón coinciden tamén nas festas de Balaídos e algúns outros montarán nas de San Marcos, en Noia, onde se atoparán con outras atraccións procedentes de distintas festas.

En canto aos programas destas dúas próximas celebracións, en Vigo actuarán durante cinco días orquestras de Alfa3 e en Noia serán cinco orquestras de Espectáculos Lito as que amenizarán as patronais de venres a domingo. A principios da semana que vén publicaremos os programas destas dúas festas/feiras que continúan o calendario festeiro das grandes feiras de Galicia inaugurado polas padronesas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*