Os Rosales e Novo Mesoiro preparan as súas festas 2009

0
464

novo-mesoiro-a-coruna-acto-deportivo-festas-2009

Dous dos barrios máis novos da Coruña, Os Rosales e Novo Mesoiro, están a punto de celebrar as súas festas 2009. O primeiro deles comezará as súas festas patronais de Nosa Señora dos Rosales o próximo sábado. Os actos festivos e as distintas actividades estenderanse durante a semana próxima para enlazar co sábado día 6, no que terá lugar a Sardiñada dos Rosales 2009. A idea é que as festas e a sardiñada, que cada ano organizan os comerciantes do barrio e que é todo un éxito, acaben coincidindo. Así, a sardiñada adiantaríase un par de semanas pois normalmente tiña lugar o sábado antes de San Xoán. Este ano, xa que logo, as festas dos Rosales durarán unha semana.

Outro barrio dos novos, Novo Mesoiro, prepara tamén as súas festas que terán lugar a primeira semana de xuño. Polo momento non trascendeu o programa completo pero si hai programadas varias actividades, entre elas un torneo 3×3 e unha carreira de carros de bebé o domingo día 7 de xuño ás 17:00 horas. A continuación da carreira terá lugar outra competición: Lanzamento de chupetes.

Non faltarán as orquestras nin as atraccións de feira nestas festas. A asociación de veciños de Novo Mesoiro quere ter un detalle cos seus asociados e para iso agasallará cuns tiques para varias viaxes gratuítas nas atraccións que se instalarán no barrio. Os socios interesados poden presentarse na oficina de La Caixa co DNI para recoller os vales.

Seguiremos informando destas festas na Coruña, que veñen substituír festexos doutros barrios que xa non se celebran e que fan ademais que este tipo de celebracións non desaparezan da cidade.

Recomendacións:

AA VV NOVO MESOIRO

BLOG BARRIO DE LOS ROSALES

AA VV LOS ROSALES

Sen comentarios

  1. ¿¿¿Atraccións en Mesoiro??? Pois isto si que é unha sorpresa. É boa noticia que os novos barrios celebren festas, porque algunhas das “clásicas” da cidade parece que teñen un futuro incerto debido á falta de público nos anos anteriores.

    Un exemplo diso son as Festas dos Mallos, desolador o aspecto sen xente do ano pasado, ou por exemplo as do Agra do Orzán, que non parece que vaian celebrarse este ano, polas queixas dos veciños e pola escaseza de público (o ano pasado, o único día que acompañou o tempo foi cando estivo Panorama)

    En fin, agardo pasar por Mesoiro, se é que atopo o lugar onde se celebra a festa.

    PD: Creo que este é o nick definitivo. Saúdos.

Deixa unha resposta


*