A orquestra Los Príncipes estrea escenario

0
465

cartel-los-principes-2009

A orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES xubila hoxe o palco que a veu acompañando todos estes anos e estrea un flamante escenario nas festas de Trasouteiro (Vimianzo – A Coruña).

A formación musical ofrece este ano moitas novidades. Unha das máis importantes é a posta en marcha dunha páxina web para todos os seguidores con diferentes apartados de fotos, información, multimedia, noticias, datas, etc…

Outras novidades non menos importantes e que teñen que ver máis co espectáculo son a posta en marcha do novo escenario, a incorporación de dúas bailarinas á dianteira da orquestra e a presentación do novo repertorio no que os compoñentes levan traballando nos últimos meses e que están xa ultimando para podelo realizar durante toda a xira 2009.

Ademais, a orquestra estará presente no nacemento dunha nova celebración o próximo 29 de maio, a I Festa da Xuventude da Milagrosa (Carballo) actuando con outras dúas orquestras: VERANO AZUL e ALMIRANTES.

Desexámoslles moita sorte a LOS PRÍNCIPES e contamos con velos en directo en breve.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*