Xa hai semanas comezaban as festas de San Xoán de Carballo, o San Xoán máis longo da historia, segundo palabras dos membros da comisión de festas. A orquestra PANORAMA deixaba pequena a praza do Concello e a actuación no día grande de DAVID BUSTAMANTE repetirá sen dúbida a afluencia dunha das consideradas mellores orquestras de Galicia por moita xente.

Carballo 2016 - Festas patronais do San Xoán - cartel

As festas rematan o luns 26 coa actuación da orquestra ISRAEL, pero haberá outras moitas como a COMPOSTELA ou a TRÉBOL. As atraccións, como de cistume no campo do San Martiño, onde regresa a Noria xigante despois de funcionar nas festas en 2015. Ademais hai un par de novidades no recinto feiral como o “Martillo” e a impactante atracción denominada Gigant XXL.

A gran sesión de fogos de artificio será o domingo ás 00.30 horas.

https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/ARCHIVOS_FIESTAS/1127file1.pdf

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*