En Vilarube será o único lugar de Ferrolterra onde se poderá ver o espectáculo da Panorama. Na foto algúns compoñentes da orquestra /© fotos: roxegar
Na localidade do concello de Valdoviño poden presumir, como en moitos lugares de Galicia, dun bo cartel de festas, pero ademais, e isto si que é un dato para ter en conta, de ser o único lugar de terras ferrolás onde contarán coa orquestra PANORAMA no verán. E aínda hai máis, a formación caldense, considerada unha das mellores orquestras galegas, repetirá en Vilarrube no mes de novembro.
Mérito por partida dobre, a PANORAMA estará en exclusiva na parroquia do concello de Valdoviño. A esta orquestra acompañarana outras formacións como TOKYO, o grupo OCÉANO, que está facendo un verán completo de actuacións, o trío CLAVE ou a orquestra PALLADIUM, cun repertorio moi completo, un número espectacular cara ao final do primeiro pase, música moi bailable, boas voces e festa garantida.
Esta fin de semana en Vilarrube haberá festa da boa.
A orquestra Palladium amenizará o segundo día de festas acompañada polo grupo Océano /© fotos: roxegar
PROGRAMA MUSICAL
VENRES DÍA 6.- TRÍO CLAVE e ORQUESTRA PANORAMA
SÁBADO DÍA 7.- GRUPO OCÉANO e ORQUESTRA PALLADIUM
DOMINGO DÍA 8.- ORQUESTRA TOKYO