A cousa vai de cereixas

0
400

a-laracha-paiosaco-festa-das-cereixas-2010-cartel

3 E 4 DE XULLO, FESTA DAS CEREIXAS EN PAIOSACO (A LARACHA) E VILACOBA (ABEGONDO)

A primeira fin de semana de xullo é a escollida en dous lugares de Galicia para celebrar a feira e festa das cereixas. Falamos de Paiosaco e Vilacoba, nos concellos da Laracha e Abegondo respectivamente.

A feira das cereixas terá lugar o domingo pero xa hoxe sábado haberá festa. En Paiosaco encargarase dela a orquestra ACIREMA, e o grupo MASTER. E o domingo outro grupo musical acompañará a orquestra PALLADIUM para cerrar as celebracións.

En Vilacoba actuará hoxe PARÍS DE OZA. A orquestra NOVA IMPERIAL será a encargada do peche, mañá.

orquesta-nova-imperial-2009-cartel

Foto do cartel de Paiosaco: Eduardo García Santiago

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*