Cinco días de festa rachada en Monterroso

0
351

orquesta-panorama-2009-cartel4As orquestras Panorama e Olympus cerrarán o mércores as festas de Monterroso

Hoxe comezan as festas de San Miguel, en Monterroso. Para a ocasión bótase man dalgunhas das mellores orquestras do panorama musical galego.

No primeiro día de festas haberá concerto folk da man de PEPE VAAMONDE GRUPO e a verbena estará amenizada polo grupo TROCO.

Pero haberá outras orquestras, das máis importantes, que amenizarán as festas ata o mércores que vén: COSTA OESTE (domingo), PHILADELPHIA (luns), PARÍS DE NOIA e SINTONÍA DE VIGO (martes) e como fin de festas PANORAMA e OLYMPUS. Un cartel realmente de primeira.

Na páxina web do concello de Monterroso pódese consultar o programa das festas. Extraemos o saúda do alcalde, que nos parece un bo resumo do que acontecerá a partir de xa en Monterroso.

Saúda do alcalde

Outra volta chegan as Festas do San Miguel. Chegan coas uvas, coma sempre, e veñen boas. Este ano tamén a Comisión de Festas, coma outras veces, fixo un traballo excepcional, que o alcalde agradece, e sei tamén que os veciños e veciñas aplauden. O traballo feito dará froitos e verémolos todos. Agradezo tamén outras iniciativas, que, coma as dos mozos e mozas do Clube ciclista, enriquecen unhas festas, que todos desexamos que cheguen e que non acaben, aínda que este ano teñamos moitos días de festexos. Debemos acordarnos, un chisco máis do que sentimos a diario, dos monterrosinos e monterrosinas que están fóra, especialmente os que se atopan máis lonxe, tamén para eles estas festas sei que teñen algo especial. A miña consideración para todos os veciños e veciñas, que coa súa xenerosidade, fan posible que Monterroso se convirta, un ano máis, no centro de atención festeira do noso país. Só me resta desexar a todas e todos, ledicia, disfrute, amizade renovada, felicidade. Unha aperta.

monterroso-san-miguel-2009-cartelpepe-vaamonde-grupoPepe Vaamonde Grupo abre as festas de Monterroso cun concerto. Na verbena estará o grupo Troco

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*