A xuventude de Boiro vai de festa esta noite

0
731

Boiro 2011- Escarabote Festa da Xuventude - cartelEsta noite ten lugar a Festa da Xuventude en terras boirenses. Tres grandes orquestras en Escarabote

Ao ritmo de tres grandes orquestras, esta noite ten lugar en Escarabote (Boiro) a Festa da Xuventude. Comezan xa moitas celebracións con este formato que permite, por un lado, darlle saída ás orquestras á parte dalgunhas outras festas patronais ou gastronómicas e das salas de festa, e por outro lado, poder o público gozar con grandes formacións musicais que en temporada alta son difíciles de contratar, sobre todo dúas ou tres para o mesmo día.

Esta noite tres desas grandes orquestras coinciden en terras do Barbanza: PARÍS DE NOIA, COSTA OESTE e PHILADELPHIA. Un cartel brillante para unha convocatoria festiva que empeza este ano e que pretende consolidarse e congregar en cada edición a máis xente.

E detrás virán outras moitas festas da xuventude: Aguiño (Ribeira), Exipto-Abanqueiro (Boiro), Boqueixón (Lestedo), Oza (Teo), Parada (Ordes) e un longo etcétera. Iremos informando de cada unha delas, mentres tanto esta noite a festa está en Escarabote.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*