Charleston Big Band: a xira do 25 Aniversario

0
585

Charleston Big Band na Páscoa de Padrón 2009Fotografía cedida por Charleston Big Band para Festa a Festa. A orquestra durante a súa actuación na Pascua de Padrón 2009

A vila de Padrón é famosa por moitos motivos: Rosalía de Castro, os pementos, o río Sar, o paseo do Espolón, a feira e mercado dos domingos e… a CHARLESTON BIG BAND.

Esta formación musical de primeira fila celebra este ano o seu 25 aniversario con multitude de sorpresas que se irán desvelando ao longo da temporada. Para empezar abrindo bo sabor de boca, a orquestra acaba de abrir as páxinas web dos seus cantantes: Rita Barreiro, Fran Pahino e Sergio Corral, ademais dunha nova web de fans.

Pódese considerar o ano 2008 como o nacemento dunha nova etapa na CHARLESTON pola renovación da dianteira completa da orquestra coa fichaxe de tres voces moi coñecidas no mundo do espectáculo, a presentación do seu novo bateria (Jesús Lapido), e tamén pola estrea do seu novo e espectacular escenario coa última tecnoloxía robótica e tarimas que soben ata 7 metros.

Pero todo isto non é senón o adianto dun ano que promete para todos os fans da CHARLESTON BIG BAND e os amantes da verbena en xeral.

Pronto máis noticias…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*