A festa do queixo máis grande do mundo… e despois melindres

0
409

cartelMelindre_aF.indd

COSTA OESTE E JERUSALÉN AMENIZARÁN A FESTA DO QUEIXO MÁIS GRANDE DO MUNDO, O DOMINGO 10 EN ARZÚA

Podes imaxinar un queixo de 1000 quilos? Pois haino. Está en Arzúa; onde se non? A vila arzuana elaborou durante a anterior Festa do Queixo de Arzúa (que se celebra no mes de marzo) a peza de 1 tonelada de peso feita con 8.000 litros de leite, 75 quilos de sal e 1,6 litros de leite callado. O queixo mide 50 cm de alto e 1,80 metros de diámetro. Sobra dicir que o “queixiño” ten denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

A Asociación Cultural Nosa Señora do Carme é a encargada de organizar a Festa do Queixo máis grande do mundo para este domingo, no recinto feiral de Arzúa, coa actuación de dúas grandes orquestras como son COSTA OESTE e JERUSALÉN a partir das 18.00 horas.

E se apetece podémonos mover á veciña Melide, onde se celebra a XVIII da Festa do Melindre co mago Antón de pregoeiro. A localidade melidense ofrece un programa moi variado con música, artesanía e teatro de monicreques a cargo da compañía Cachirulo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*