A reaparición do grupo Master

0
342

grupo-master-2010-cartel

O grupo Master reaparece despois de varias temporadas

Un dos grupos que desapareceu hai un par de temporadas volve ao escenario musical verbeneiro: MASTER 2010 xa é unha realidade.

Chama a atención que en tempos de crise reaparezan agrupacións ou se formen novas orquestras. Aínda que este ano haberá algunhas baixas de orquestras nos catálogos das axencias, algunhas delas moi coñecidas, tamén temos a fortuna de contar con algunha agrupación nova e outras que reaparecen tras anos de silencio. É o caso do grupo MASTER. Da man de Espectáculos Lito, o mítico grupo masculino que nas súas últimas temporadas pasou a denominarse MASTERBAND, volve aos escenarios cunha formación case que renovada ao 100%.

Dani e Cibran (procedente da orquestra NOVA PALMA) serán as voces do grupo, e Cabecho (guitarra procedente da orquestra JERUSALÉN), Eder (baixista de JOCKER), Esteban (batería procedente da orquestra CAPITOL) e Pablo (teclados de MASTER na anterior etapa) serán, se non hai cambios,  algúns dos músicos integrantes do novo grupo na temporada 2010.

Tamén supoñemos que en breve poñerán en marcha a súa nova páxina web. A páxina de MASTER era unha das máis curiosas e traballadas ata o momento da desaparición do grupo. Esperamos poder ir informando disto, da formación completa e de todo o relativo á nova temporada de MASTER.

Desde Festa a Festa desexámoslles moita sorte na súa nova andaina.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*